AVISOS
04/12/2020
Catálogo de préstamo electrónico en castelán (eBiblio Galicia)
Novidades sobre o seu funcionamento

Comentámosvos, a continuación, as novas relativas a eBiblio Galicia. A medida que teñamos máis información seguiremos a publicala nesta web e a enviala por correo electrónico tanto ás bibliotecas, como aos lectores.

Reanudación do servizo

Está previsto que eBiblio Galicia volva funcionar en torno ás 18.00 h. do 9 de decembro

 

Préstamos e reservas

Manteranse os préstamos que o usuario tivese activos no momento do corte do sevizo. Os días durante os que non tivo acceso aos mesmos, non computarán a efectos do prazo de devolución.

As reservas, así como a orde das mesmas, respectaranse tal e como estaban antes da interrupción do servizo.

 

Lectura coa app de eBiblio (en dispositivos móbiles)

Será preciso desinstalar a antiga app de eBiblio e descargar a nova desde Apple Store (no caso de dispositivos iOS) ou desde Google Play (se se trata de dispositivos Android). O mesmo día 9, data na que estará dispoñible esta nova app, enviremos unha ligazón directa aos usuarios.

 

Lectura con Adobe Digital Editions (en PC, Mac ou ereader)

No caso de que  o usuario estivese a empregar un ID de Odilo, este xa non será válido para poder ler os libros que descargue de eBiblio Galicia. No seu lugar, precisará dun ID de Adobe e realizar as seguintes accións:

1. Abrir Adobe Digital Editions.

2. Para borrar a autorización do antigo ID de Odilo, abrir o despregable "Ayuda" que se atopa na parte superior esquerda e pulsar en “Borrar autorización”.

3. Introducir as credenciais do ID de Odilo (o seu número de carné de biblioteca no campo "ID de provedor" e o contrasinal no campo correspondente) e premer no botón "Continuar"

4. Pechar Adobe Digital Editions e volver entrar.

5. Para autorizar o equipo co ID de Adobe Digital Editions, abrir o despregable "Ayuda" que se atopa na parte superior esquerda e pulsar en “Autorizar equipo”.

6. Escoller o provedor "Adobe ID" e introducir as credenciais do ID de Adobe Digital Editions. No caso de non ter credenciais, o usuario pode crealas premendo na ligazón "Crear ID de Adobe". Se xa as ten, pero non lembra o contrasinal, pode recuperalo desde a ligazón "Olvidé mi contraseña".

7. Se o usuario xa tiña un libro prestado e estaba a lelo con Adobe Didital Editions, o día 9 de decembro (a partir das 18.00 h. aproximadamente), poderá entrar na súa sesión persoal de eBiblio Galicia coas súas claves habituais (as do seu carné de biblioteca), descargalo, e proseguir coa lectura do mesmo desde Adobe Didital Editions.

 

Nas seguintes ligazóns, poderá ampliar a información sobre:

Como crear un ID de Adobe:

https://helpx.adobe.com/es/manage-account/using/create-update-adobe-id.html#C%C3%B3moadministrarvariosAdobeID

 

Como recuperar as credenciais do ID de Adobe:

https://helpx.adobe.com/es/manage-account/using/change-or-reset-password.html