AVISOS
23/04/2021
Catálogo de préstamo electrónico en castelán (eBiblio Galicia)
Información actualizada sobre as incidencias (a 23/04/2021)

A continuación, publicamos as incidencias que, polo de agora, detectamos entre todas as CCAA que estamos a xestionar o servizo de eBiblio, así como o estado no que se atopan. Pregamos que, se algún usuario segue a ter algún dos problemas que aparecen como resoltos na seguinte relación, nolo fagades chegar a través do CAU Periférico (cau-periferico@xunta.gal).

 

 

 

App

1. Non se pode cambiar o interliñado na app de Android. Hai lectores con dificultades visuais que o necesitan. Resolto
2. Non está activada a funcionalidade de favoritos. Pendente
3. A algúns usuarios, ao entrar na app, solicítalles novamente a identificación. Parece estar sucedendo cos dispositivos iOS. Pendente
4. Hai casos nos que, unha vez o usuario elixiu o seu catálogo "eBiblio Galicia", expúlsalle e ten que seleccionalo novamente. Parece estar sucedendo cos dispositivos iOS. Pendente

5. Na app de iOS non aparece o botón de devolver, só suprimir. Resolto

6. Nalgúns casos, baixo a imaxe da publicación, aparece a mensaxe: "O formato desta publicación non é compatible con esta aplicación. Para acceder por favor descarga Aldiko Classic" Resolto

7. Non hai posiblidade de facer subliñados. Pendente. A previsión é que o desenvolvemento estea ao longo de abril.

8. Non hai posibilidade de empregar marcadores. Resolto. É preciso premer sobre o texto do libro. Aparecerá unha ventá coa opción "Marcadores"

9. A app, nalgúns casos, só permite ler en liña e noutros mediante descarga. Pendente

10. Non hai sincronización entre a lectura na app e a lectura en streaming e tampouco entre dispositivos cando se emprega a app. Pendente

11. A medida que o usuario se despraza para ver os resultados dunha busca, aparecen títulos duplicados. Pendente

12. Non é posible cancelar reservas. Resolto en Adroid, non en iOs.

13. Detectáronse máis dispositivos non compatibles coa app. Pendente. Estamos tentando recabar máis información sobre os dispositivos afectados que non aparecen na páxina de axuda de eBiblio, polo que agradecemos a vosa colaboración.

14. A entrada/benvida á app non é intuitiva. A previsión é que o desenvolvemento estea ao longo de febreiro. Resolto.

15. Non se poden facer buscas dentro do contido dos libros. Pendente

16. A lupa non funciona correctamente nas revistas e no permite ampliar, polo que o contido é ilexible. NOVA INCIDENCIA. Resolto parcialmente. Agora pódese facer unha ampliación, pero vaise engadir outra máis.

Pregamos que, se algún usuario segue a ter algún dos problemas que están resoltos, lle indiquedes que desinstale e volva instalar a app. Se a incidencia persiste, por favor facédenola chegar a través do CAU Periférico.

 

Préstamos/devolucións/reservas

1. Hai documentos que non se poden devolver. Resolto
2. Hai libros que non se poden prestar porque dan erro de licenza. Resolto
3. Para ter a opción de devolución desde o visor, é preciso empezar a lelo. Pendente
4. Aínda que non se pode devolver desde Adobe, aparece un botón para devolver. Non se pode cambiar o comportamiento de Adobe Digital Editions. Modificouse a explicación nas axudas da web de eBiblio.
5. Ao devolver un libro, desde o visor segue aparecendo prestado durante un tempo. Resolto. Se tarda un pouco, é preciso que o usuario referesque a pantalla.
6. Nalgúns casos, os correos electrónicos das reservas dispoñibes non están a chegar. Resolto

7. O programa está a permitir reservas máis alá dos 3 meses de espera. Resolto

8. Non é posible cancelar unha reserva cando pasa a estar dispoñible e o usuario xa non está interesado en tomar o documento en préstamo. Pendente

9. Hai usuarios que, cando reciben o aviso de reserva dispoñible, ao abrir a ligazón e introducir as credenciais lles da erro (nalgunos casos é un erro 403, noutros 404 etc.). Pendente

10. O programa non reinicia o cómputo do número máximo de préstamos mensuais a mes vencido, senón que o fai de data a data. Pendente

 

Parametrización

1. A duración do préstamo das revistas está configurada para 72 horas. Se ben inicialmente, trala aplicación da nova parametrización, funcionaba correctamente, agora só fai o préstamo por 48 h. NOVA INCIDENCIA.

 

Descargas e visualización/audición en streaming

1. Os audiolibros non están a funcionar. Este problema non afecta aos do Grupo Planeta e Random House. Pendente (engadimos información actualizada a continuación). Os do resto de editoriais (un número bastante inferior) ocultáronse do catálogo ata que eBiblio poida conectarse co provedor de contido.
2. Hai erros de licenza nas descargas de bastantes libros. Os libros con ilustracións (tipo álbum e cómic) están a dar problemas. Pendente

3. Mensaxe de erro relativo a java.security.net. Resolto

4. Detectáronse dous casos de usuarios que visualizan os libros con caracteres ilexibles. Resolto. Non se produciron máis casos.

5. Algúns audiolibros sufren cortes durante a escoita. NOVA INCIDENCIA. Resolta. Esta incidencia estaba motivada polas mediadas de seguridade que se aplicadorn. Xa non se producen cortes, pero se o usuario cambia dun dispositivo a outro, debe esperar uns cinco minutos para que no se produzan erros.

6. Non hai posibilidade de empregar marcadores e subliñados. Pendente

7. Non se gardan as opcións de configuración cando se retoma a lectura dun libro (cor, tamaño da fonte etc.) Pendente

8. Polo de agora, detectouse o caso dunha usuaria que non pode ler as revistas porque ao chegar a unha determinada páxina, o documento quédase colgado. NOVA INCIDENCIA. En estudo.

 

Contidos

1. Faltan títulos de libros e audiolibros. Pendente (engadimos información actualizada a continuación). Xa se recuperou a maior parte.

2. As revistas non están dispoñibles. Pendente (engadimos información actualizada a continuación). Seguen faltando varias cabeceiras (Quo, Namaka, Ser Padres, Lecturas, Clara, Muy Historia). Tamén faltan algúns volumes das cabeceiras recuperadas.

3. Os distintos números de cada revista non aparecen agrupados por cabeceira. Resolto. Os números xa aparecen agrupados,

3. AulaPlaneta non está dispoñible. Resolta parcialmente (engadimos información actualizada a continuación). Está dispoñible na web, pero non na app.

4. Os contidos deixan de visualizarse cando se alcanza a totalidade das reservas posibles, aínda que non se materialicen en préstamos. Isto require un desenvolvemento para a súa corrección. Resolto parcialmente. Aínda hai casos nos que non se arranxou.

 

Catalogación

1. Non se visualiza o ano de edición e os coautores. Resolto
2. Faltan as cubertas de bastantes libros e audiolibros. Resolto
3. Nalgúns casos, asignáronse metadatos dun editor a outro. Resolto

4. As etiquetas que tiñamos para os contidos de adultos non se conservaron. Resolto

 

Comunicación usuarios

1. O envío de correos de aviso desde a plataforma non funciona. Pendente

2. As mensaxes procedentes da administración da plataforma só están visibles en pop-up durante o mesmo día en que se publican. Pendente
3. Os pop-ups saltan en canto o usuario volve a Inicio. O único xeito de suprimilos é marcando "Entendido", pero entón o lector non pode acceder a esa información por ningún outro medio (dentro da súa sesión persoal, non hai un espazo no que poida visualizar os avisos). Pendente
4. Entre os comentarios dos lectores aparecen recensións de Babelio. Resolto parcialmente. Estase procedendo á súa eliminación

 

Outros

1. Non se conserva a información de favoritos previa á migración. Finalmente, non se pode recuperar.