Achegamos a guía provisional de eBiblio Galicia. Debido á premura dos prazos, a páxina web de eBiblio non contén toda a información precisa. Esta guía será tamén remitida aos usuarios para que a consulten mentres a web de eBiblio non conteña toda a información ampliada.
Así mesmo, informámosvos de que a causa dos problemas na xestión dos dereitos de distribución, as revistas e algúns libros non están dispoñibles, polo de agora, en eBiblio. O Ministerio de Cultura y Deporte, así como as Comunidades Autónomas, estamos a traballar para que este problema se subsane o antes posible. É posible, por tanto, que algúns dos vosos usuarios non teñan acceso a algún préstamo por este motivo.
Mantense o enderezo de acceso para eBiblio Galicia: https://galicia.ebiblio.es/opac/
Para a descarga das apps, estas son as novas ligazóns:
- Android (en Google Play): https://play.google.com/store/apps/details?id=com.demarque.ebiblio
- iOS (Apple Store): https://apps.apple.com/es/app/ebiblio/id1541822581
Debido a unha incidencia no envío dos correos electrónicos desde a plataforma, é posible que os lectores non reciban a mensaxe con toda esta información ata mañá.