AVISOS
10/12/2020
Catálogo de préstamo electrónico en castelán (eBiblio Galicia)
Información sobre incidencias trala migración

Informámosvos, a continuación, de varios erros detectados:

- A app de eBiblio para Android está a ser actualizada, polo que nestes intres non está funcionando correctamente (non se visualizan os préstamos, nalgúns casos hai usuarios que non poden descargar a aplicación etc.)

- Está a haber problemas coas devolucións dos préstamos. Segundo nos informaron, este trámite pode facerse desde a app, desde o visor de lectura en liña (streaming) e desde Adobe Digital Editions. Sen embargo, neste momento non está a funcionar.

- Ao buscar "eBiblio Galicia" en Google, o primeiro resultado conduce a unha páxina que non funciona. Os técnicos está tratando de arranxar isto o máis cedo posible.

- A efectos do prazo de devolución dos préstamos, finalmente o programa contabilizou os días nos que o servizo estivo interrumpido. O usuario pode devolver o libro en canto esta funcionalidade esté arranxada e, no caso de que o documento non teña reservas, pode tomalo emprestado de novo inmeditamente.

- Os textos na interfaz en galego aparecen en francés. Estamos tentando que a empresa suba a tradución en galego canto antes.

- O envío de correos desde a plataforma dirixidos aos usuarios non está a funcionar (só se poden visualizar as mensaxes dentro da sesión persoal do lector en eBiblio). Esta é a razón pola que onte non puidemos poñernos en contacto cos usuarios. Ao longo desta tarde recibirán un correo electrónico que imos remitir desde un enderezo corporativo da Xunta de Galicia. Debido ao alto volume de destinatarios, o proceso é máis lento e levará varias horas facer todos os envíos.

Dado que están a xurdir novas incidencias, e para evitar saturar as vosas contas de correo electrónico, a partir de agora pregamos esteades atentos aos avisos que imos ir publicando nesta sección.