AVISOS
11/12/2020
Catálogo de préstamo electrónico en castelán (eBiblio Galicia)
Estado das incidencias pendentes (a 11/12/2020)

Informámosvos sobre o estado de varias incidencias:

App

A App de Android xa funciona con normalidade.

 

Devolucións

Os usuarios xa poden devolver os libros prestados do seguinte xeito:

- Para facelo desde a app, deben ir a "Mis libros", onde se almacenan os títulos que o usuario teña descargados, premer sobre a imaxe do libro e escoller a opción "Devolver". Solicitamos aos técnicos que habiliten un botón para facer a devolución directamente, e estamos á espera de que nos confirmen se este desenvolvemento vai poder implantarse.

- Para facelo desde a súa sesión web, é preciso que preman no botón "Ler en liña". Unha vez dentro do libro, na parte superior dereita atoparán un botón no que pon "Devolver o libro" (nalgúns casos, aparece en francés "Retourner le livre" debido a que hai erros nas traducións). Igualmente, solicitamos aos técnicos que inclúan un botón que estea visible cando o usuario acceda á lista dos seus préstamos, sen necesidade de entrar no visor de lectura de cada libro.

A empresa acaba de informarnos de que, finalmente, a devolución desde Adobe Digital Editions non é posible.

 

Procura de "eBiblio Galicia" nos buscadores

 O primeiro resultado xa conduce a eBiblio Galicia.