AVISOS
15/12/2020
Catálogo de préstamo electrónico en castelán (eBiblio Galicia)
Información actualizada sobre as incidencias (a 15/12/2020)

A continuación, publicamos as incidencias que, polo de agora, detectamos entre todas as CCAA que estamos a xestionar o servizo de eBiblio. En canto se vaian resolvendo, informarémosvos a través dun aviso nesta páxina:

App
1. Detectáronse casos nos que non se pode cambiar o interliñado desde a lectura en app. Hai lectores con dificultades visuais que o necesitan.
2. Na app non está activada a lista de favoritos. Podes xogar con crear coleccións, pero só de libros prestados, non marcando as futuras lecturas que che interesan.
3. A algúns usuarios,  ao entrar na app, solicítalles novamente a identificación.
4. Hai casos nos que, unha vez o usuario elixiu o seu catálogo "eBiblio Galicia", mándache fóra a elixir novamente a túa Comunidade.

5. Na app de iOS non aparece o botón de devolver, só suprimir.

6. Nalgúns casos, baixo a imaxe da publicación, aparece a mensaxe: "O formato desta publicación non é compatible con esta aplicación. Para acceder por favor descarga Aldiko Classic"

 

Préstamos/devolucións/reservas
1. Hai documentos que non se poden devolver, especialmente os audiolibros.
2. Hai libros que non se poden prestar porque dan erro de licenza.
3. Para ter a opción de devolución desde o visor, é preciso empezar a lelo.
4. Aínda que non se pode devolver desde Adobe, aparece un botón devolver.
5. Ao devolver un libro desde o visor segue aparecendo prestado durante un tempo.
6. Os correos electrónicos das reservas non están a funcionar.

Descargas
1. Os audiolibros non están a funcionar. Dan erro de descarga.
2. Hai erros de licenza nas descargas de bastantes libros.

 

Catalogación
1. Non se visualiza o ano de edición e os coautores.
2. Faltan as cubertas de bastantes libros e audiolibros.
3. Asignáronse metadatos dun editor a outro.

4. As etiquetas que tiñamos para os contidos de adultos non se conservaron.

 

Comunicación usuarios
1. O envío de correos de aviso desde a plataforma non funciona.

2. As mensaxes procedentes da administración da plataforma só están visibles en pop-up durante o mesmo día en que se publican.
3. Os pop-ups fanse bastante pesados porque saltan en canto o usuario volve a Inicio. O único xeito de suprimilos é marcando "Entendido", pero entón o lector non pode acceder a esa información por ningún outro medio.
4. En comentarios dos lectores aparecen recensións de Babelio.