AVISOS
22/12/2020
Catálogo de préstamo electrónico en castelán (eBiblio Galicia)
Información actualizada sobre as incidencias (a 22/12/2020)

A continuación, publicamos as incidencias que, polo de agora, detectamos entre todas as CCAA que estamos a xestionar o servizo de eBiblio, así como o estado no que se atopan. Pregamos que, se algún usuario segue a ter algún dos problemas que aparecen como resoltos na seguinte relación, nolo fagades chegar a través do CAU Periférico (cau-periferico@xunta.gal).

 

 

 

 

App
1. Non se pode cambiar o interliñado na app de Android. Hai lectores con dificultades visuais que o necesitan. Pendente. Ata que se faga o desenvolvemento, esta carencia pode suplirse coas dúas fontes que aparecen ao final do menú de fontes.
2. Na app non está activada a funionalidade de favoritos. Pendente
3. A algúns usuarios, ao entrar na app, solicítalles novamente a identificación. Resolto.
4. Hai casos nos que, unha vez o usuario elixiu o seu catálogo "eBiblio Galicia", expúlsalle e ten que elixir novamente a súa Comunidade. Resolto.

5. Na app de iOS non aparece o botón de devolver, só suprimir. Resolto.

6. Nalgúns casos, baixo a imaxe da publicación, aparece a mensaxe: "O formato desta publicación non é compatible con esta aplicación. Para acceder por favor descarga Aldiko Classic" Resolto.

7. Non hai posiblidade de facer subliñados. Pendente

8. Non hai posibilidade de empregar marcadores. Resolto. É preciso premer sobre o texto do libro. Aparecerá unha ventá coa opción "Marcadores"

Pregamos que, se algún usuario segue a ter algún dos problemas que están resoltos, lle indiquedes que desinstale e volva instalar a app. Se a incidencia persiste, por favor facédenola chegar a través do CAU Periférico.

 

Visualización en streaming

1. Non hai posibilidade de empregar marcadores e subliñados. Pendente

2. Non se gardan as opcións de configuración cando se retoma a lectura dun libro (cor, tamaño da fonte etc.) Pendente

 

Préstamos/devolucións/reservas
1. Hai documentos que non se poden devolver, especialmente os audiolibros. Resolto
2. Hai libros que non se poden prestar porque dan erro de licenza. Resolto
3. Para ter a opción de devolución desde o visor, é preciso empezar a lelo. Pendente
4. Aínda que non se pode devolver desde Adobe, aparece un botón devolver. Pendente
5. Ao devolver un libro desde o visor segue aparecendo prestado durante un tempo. Resolto. Se tarda un pouco, é preciso que o usuario referesque a pantalla.
6. Os correos electrónicos das reservas non están a funcionar. Pendente

7. O programa está a permitir reservas máis alá dos 3 meses de espera que deberían estar configurados. Pendente

 

Descargas
1. Os audiolibros non están a funcionar. Dan erro de descarga. Resolto
2. Hai erros de licenza nas descargas de bastantes libros. Resolto

3. Mensaxe de erro relativo a java.security.net. Pendente

 

Contidos

1. Faltan títulos de libros e audiolibros. Pendente

2. As revistas non están dispoñibles. Pendente

3. AulaPlaneta non está dispoñible. Pendente

 

Catalogación
1. Non se visualiza o ano de edición e os coautores. Pendente
2. Faltan as cubertas de bastantes libros e audiolibros. Pendente
3. Nalgúns casos, asignáronse metadatos dun editor a outro. Pendente

4. As etiquetas que tiñamos para os contidos de adultos non se conservaron. Pendente

 

Comunicación usuarios
1. O envío de correos de aviso desde a plataforma non funciona. Pendente

2. As mensaxes procedentes da administración da plataforma só están visibles en pop-up durante o mesmo día en que se publican. Pendente
3. Os pop-ups fanse bastante pesados porque saltan en canto o usuario volve a Inicio. O único xeito de suprimilos é marcando "Entendido", pero entón o lector non pode acceder a esa información por ningún outro medio. Pendente
4. En comentarios dos lectores aparecen recensións de Babelio. Pendente

 

Outros

1. Non se conserva a información de favoritos previa á migración. Esta información non se migrou, pero vaise estudar a posibilidade de recuperala