AVISOS
30/12/2020
Catálogo de préstamo electrónico en castelán (eBiblio Galicia)
Información actualizada sobre as incidencias (a 30/12/2020)

A continuación, publicamos as incidencias que, polo de agora, detectamos entre todas as CCAA que estamos a xestionar o servizo de eBiblio, así como o estado no que se atopan. Pregamos que, se algún usuario segue a ter algún dos problemas que aparecen como resoltos na seguinte relación, nolo fagades chegar a través do CAU Periférico (cau-periferico@xunta.gal).

 

 

 

 

App

1. Non se pode cambiar o interliñado na app de Android. Hai lectores con dificultades visuais que o necesitan. Pendente. Ata que se faga o desenvolvemento, esta carencia pode suplirse coas dúas fontes que aparecen ao final do menú de fontes.
2. Non está activada a funionalidade de favoritos. Pendente
3. A algúns usuarios, ao entrar na app, solicítalles novamente a identificación. Resolto
4. Hai casos nos que, unha vez o usuario elixiu o seu catálogo "eBiblio Galicia", expúlsalle e ten que seleccionalo novamente. Resolto

5. Na app de iOS non aparece o botón de devolver, só suprimir. Resolto

6. Nalgúns casos, baixo a imaxe da publicación, aparece a mensaxe: "O formato desta publicación non é compatible con esta aplicación. Para acceder por favor descarga Aldiko Classic" Resolto

7. Non hai posiblidade de facer subliñados. Pendente

8. Non hai posibilidade de empregar marcadores. Resolto. É preciso premer sobre o texto do libro. Aparecerá unha ventá coa opción "Marcadores"

9. A app, nalgúns casos, só permite ler en liña e noutros mediante descarga. NOVA INCIDENCIA. Pendente

10. Non hai sincronización entre a lectura na app e a lectura en streaming e tampouco entre dispositivos cando se emprega a app. NOVA INCIDENCIA. Pendente

11. A a medida que o usuario se despraza para ver os resultados dunha busca, aparecen títulos duplicados. NOVA INCIDENCIA. Pendente

12. Non é posible cancelar reservas. NOVA INCIDENCIA. Pendente

13. Detectáronse máis dispositivos non compatibles coa app. NOVA INCIDENCIA. Pendente

Pregamos que, se algún usuario segue a ter algún dos problemas que están resoltos, lle indiquedes que desinstale e volva instalar a app. Se a incidencia persiste, por favor facédenola chegar a través do CAU Periférico.

 

Visualización en streaming

1. Non hai posibilidade de empregar marcadores e subliñados. Pendente

2. Non se gardan as opcións de configuración cando se retoma a lectura dun libro (cor, tamaño da fonte etc.) Pendente

 

Préstamos/devolucións/reservas

1. Hai documentos que non se poden devolver, especialmente os audiolibros. Resolto parcialmente. Segue a haber casos de libros que non se poden devolver. O problema parece estar resolto para os audiolibros.
2. Hai libros que non se poden prestar porque dan erro de licenza. Resolto
3. Para ter a opción de devolución desde o visor, é preciso empezar a lelo. Pendente
4. Aínda que non se pode devolver desde Adobe, aparece un botón para devolver. Pendente
5. Ao devolver un libro, desde o visor segue aparecendo prestado durante un tempo. Resolto. Se tarda un pouco, é preciso que o usuario referesque a pantalla.
6. Nalgúns casos, os correos electrónicos das reservas dispoñibes non están a chegar. Resolto

7. O programa está a permitir reservas máis alá dos 3 meses de espera que deberían estar configurados. Pendente

8. Non é posible cancelar unha reserva cando pasa a estar dispoñible e o usuario xa non está interesado en tomar o documento en préstamo. NOVA INCIDENCIA. Pendente

9. Hai usuarios que, cando reciben o aviso de reserva dispoñible, ao abrir a ligazón e introducir as credenciais lles da erro (nalgunos casos é un erro 403, noutros 404 etc.). NOVA INCIDENCIA. Pendente

 

Descargas

1. Os audiolibros non están a funcionar. Dan erro de descarga. Resolto
2. Hai erros de licenza nas descargas de bastantes libros. Resolto

3. Mensaxe de erro relativo a java.security.net. Pendente

4. Detectáronse dous casos de usuarios que visualizan os libros con caracteres ilexibles. NOVA INCIDENCIA. Pendente

 

Contidos

1. Faltan títulos de libros e audiolibros. Pendente

2. As revistas non están dispoñibles. Pendente

3. AulaPlaneta non está dispoñible. Pendente

4. Os contidos deixan de visualizarse cando se alcanza a totalidade das reservas posibles, aínda que non se materialicen en préstamos. Isto require un desenvolvemento para a súa corrección. NOVA INCIDENCIA. Pendente

 

Catalogación

1. Non se visualiza o ano de edición e os coautores. Pendente
2. Faltan as cubertas de bastantes libros e audiolibros. Pendente
3. Nalgúns casos, asignáronse metadatos dun editor a outro. Pendente

4. As etiquetas que tiñamos para os contidos de adultos non se conservaron. Pendente

 

Comunicación usuarios

1. O envío de correos de aviso desde a plataforma non funciona. Pendente

2. As mensaxes procedentes da administración da plataforma só están visibles en pop-up durante o mesmo día en que se publican. Pendente
3. Os pop-ups saltan en canto o usuario volve a Inicio. O único xeito de suprimilos é marcando "Entendido", pero entón o lector non pode acceder a esa información por ningún outro medio (dentro da súa sesión persoal, non hai un espazo no que poida visualizar os avisos). Pendente
4. Entre os comentarios dos lectores aparecen recensións de Babelio. Resolto parcialmente. Estase pocedendo á súa eliminación

 

Outros

1. Non se conserva a información de favoritos previa á migración. Esta información non se migrou, pero vaise estudar a posibilidade de recuperala. Pendente