AVISOS
28/01/2019
Catalogo Ler Conta Moito 2019
Ler Conta Moito
Listaxe provisional e apertura de prazo de subsanación

Publícase a listaxe de admitidos e excluídos do Catálogo Ler Conta Moito 2019 a través da páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia e de acordo co punto cuarto do anuncio da convocatoria, ábrese un prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta listaxe para que as persoas físicas e xurídicas que figuren nela poidan emendar as súas solicitudes.

O prazo de subsanación será desde o día 29 de xaneiro ata o día 7 de febreiro ambos os dous incluídos.

A plataforma permanecerá aberta durante o prazo de subsanación para que as persoas físicas e xurídicas que figuran na listaxe de excluídos poidan facer as modificacións oportunas e achegar a información e/ou documentación necesaria para emendar as súas solicitudes.