AVISOS
26/11/2019
Catálogo Ler Conta Moito 2020
Ler Conta Moito
Apertura do prazo para a presentación de actividades de dinamización

Hoxe día 26 de novembro de 2019 publícase o anuncio de apertura do Catálgo Ler Conta Moito 2020 para a presentación de actividades de dinamización da lectura.

Deixamos á vosa disposición toda a información (anuncio coas bases da convocatoria e anexos) no apartado axudas e subvencións.

Do mesmo xeito que na convocatoria anterior, as persoas físicas e xurídicas interesadas en formar parte do Catálogo, poderán presentar como máximo 3 propostas de actividades de dinamización, das cales a lo menos unha delas deberá de ter como temática a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá día 27 de novembro de 2019 ata o vindeiro día 11 de decembro de 2019.

Lembramos que para inscribirse na plataforma será necesario empregar os navegadores Mozilla Firefox ou Google Chrome.