AVISOS
03/01/2020
Catálogo Ler Conta Moito 2020
Ler Conta Moito
Listaxe provisional e apertura de prazo de subsanación

Publícase a listaxe de admitidos e excluídos do Catálogo Ler Conta Moito 2020 a través da páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia, e de acordo co punto cuarto do anuncio da convocatoria, ábrese un prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta listaxe para que as persoas físicas e xurídicas que figuren nela poidan emendar as súas solicitudes.

O prazo de subsanacion será desde o día 4 ata o día 13 de xaneiro, ambos os dous incluídos.

A plataforma permanecerá aberta durante o prazo de subsanación para que aquelas persoas físicas e xurídicas que figuran na listaxe de excluídos poidan facer as modificacións oportunas e achegar a información e/ou documentación necesaria para emendar as súas solicitudes.