AVISOS
04/02/2020
Concurso Gálix Día Internacional do Libro Infantil 2020
Un poema na túa voz

En conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Un poema na túa voz» co obxectivo de incentivar a lectura do xénero poético entre o alumnado de Educación Primaria e 1º ciclo de Educación Secundaria, promover e defender a potencialidade expresiva da poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.

Os traballos poderán presentarse a través das bibliotecas públicas, das bibliotecas escolares ou de librarías.

Nas seguintes ligazóns podedes consultar as bases da convocatoria, así como os modelos de ficha de datos e de autorización de menores.