AVISOS
31/03/2021
Concurso Gálix Día Internacional do Libro Infantil 2021
Eu son...

En conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil que se celebra o 2 de abril, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Eu son» co obxectivo de incentivar a lectura de literatura infantil e xuvenil galega entre o alumnado de Educación Primaria e 1º ciclo de Educación Secundaria, promover e defender a súa potencialidade expresiva e contribuír á divulgación da creación de autoras e autores galegos.

A actividade desta edición consiste en escoller unha personaxe dunha obra da literatura galega, gravarse en vídeo (empezando por dicir «Eu son...») e nomear á personaxe, explicando a continuación quen é ou representándoa teatralmente. Os traballos poderán presentarse antes do martes 20 de abril, a través das seguintes redes sociais:

- Instagram: @somosgalix
- Twitter: @GALIX_
- TikTok: en_galix

As tres categorías para as que se establecen os premios son:
- Lectorado inicial (1º, 2º e 3º de primaria)
- Lectorado avanzado (4º, 5º e 6º de primaria)
- Superlectorado (1º e 2º de secundaria)

Nas seguintes ligazóns poderedes consultar as bases da convocatoria, acceder ao cartel e ao folleto elaborados para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e visualizar o vídeo confeccionado pola OEPLI.

VÍDEOS RELACIONADOS