AVISOS
19/02/2020
Convocatoria de cursos da EGAP 2020
Convocados dous cursos dirixidos ao persoal bibliotecario da Rede
Desde mañá 20/02/2020, ás 8.00 h., e ata o 27/02/2020 ás 23.55 h., permanecerá aberto o prazo para a inscrición nos seguintes cursos convocados pola Escola Galega de Administración Pública:
- A expurgación na colección das bibliotecas públicas (presencial, 12 h.). Advertimos dun erro na data do exame (non será o 21/04/2020 ás 13.00 h., senón o 16/04/2020 ás 13.00 h.)
 
Podedes acceder á convocatoria publicada hoxe 19/02/2020 no DOG na seguinte ligazón:
 
As solicitudes presentaranse telematicamente a través da "Zona de matrícula nos cursos online" da EGAP no seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula/login.php
 
Aqueles de vós que non contedes cun usuario e contrasinal para solicitar os cursos por esta vía, tedes que darvos de alta a través do seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula/novoUsuario.php
 
Unha vez feito este trámite, xa podedes solicitar os cursos en https://egap.xunta.gal/matricula/login.php