AVISOS
27/06/2022
Convocatoria de cursos da EGAP 2022 (segundo semestre)
Convocados dous cursos dirixidos ao persoal bibliotecario da Rede

Publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convocan as actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública para o segundo semestre de 2022, entre as que se oferta:

A expurgación na colección das bibliotecas públicas (presencial, 12 horas)

Axenda 2030 e bibliotecas: oportunidades e retos (presencial, 15 horas)

Destinatarios

Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, da Rede de bibliotecas públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Lugar de celebración

Santiago de Compostela

 

Prazas por curso

25

 

Inscrición

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8/07/2022 ás 23.55 h. A inscrición farase telematicamente a través da "Área de matrícula" da EGAP no seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula