AVISOS
30/09/2021
Convocatoria de dous cursos
Xestión cultural e sector público

O Consello da Cultura Galega e a Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia colaboran na organización de dous cursos formativos sobre contratación pública e subvencións culturais co fin de contribuír á revitalización da actividade cultural aproveitando o impulso económico do Xacobeo 2021-22:

- Xestión cultural e sector público: A actividade administrativa da contratación pública (6/10/2021)

- Xestión cultural e sector público: A actividade administrativa de fomento (20/10/2021)