O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro día 17 de xuño.
Os principios que rexerán a concesión desta liña de axudas serán:
- As bibliotecas deberán seleccionar no Catálogo Ler Conta Moito 2019 as actividades da categoría Igualdade e loita contra a violencia de xénero.
- As bibliotecas deberán programar un mínimo de dúas actividades.
- O importe concedido deberá empregarse para financiar o 100% do custo de cada unha das actividades.
- As demais obrigas establecidas na orde.