AVISOS
29/05/2019
Curso Aplicacións móbiles e bibliotecas
Cursos avisos
Listaxe definitiva de admitidos

Publicamos a listaxe definitiva de admitidos ao curso Aplicacións móbiles e bibliotecas, que se desenvolverá entre o día 31 de maio e o 14 de xuño a través da plataforma de formación online Aula Cesga.

Lembramos que aqueles que xa realizaron algunha actividade formativa a través da Aula Cesga, deberán empregar para acceder ao curso o usuario e contrasinal que se lles facilitou no seu momento a través do correo electrónico. En todo caso, na páxina de inicio da plataforma existe unha ligazón para recuperar o contrasinal.

Ao longo do día de hoxe daranse de alta os alumnos no curso e recibirán nas contas de correo que facilitaron na solicitude de cursos, unha notificación de acceso á actividade formativa.