AVISOS
02/09/2019
Curso Catalogación básica en formato Marc 21
Listaxe provisional de admitidos

Publicamos a listaxe provisional de admitidos no curso "Catalogación básica en formato Marc 21", que terá lugar entre os días 9 e 30 de setembro a través da plataforma de formación online Aula Cesga.

Lembramos que, tal e como se establece nas bases da convocatoria, as persoas que desexen renunciar á realización do curso deberán comunicalo cunha antelación mínima de sete días naturais antes do seu inicio coa fin de poder cubrir a praza vacante.