AVISOS
20/08/2018
Curso Colección local
Listaxe provisional de admitidos

Publicamos a listaxe provisional de admitidos ao curso "Colección local" que terá lugar entre os días 3 e 28 de setembro a través da plataforma de formación online Aula Cesga.

Lembramos que tal e como se establece nas bases da convocatoria, as persoas que desexen renunciar á realización do curso deberán comunicalo o antes posible coa fin de poder cubrir a praza vacante.