AVISOS
05/04/2021
Cursos de formación 2021
Convocatoria da oferta formativa para o persoal da Rede de Bibliotecas de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca seis cursos dirixidos ao persoal das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia.
O prazo de inscrición comezará o 6/04/2021 e rematará o 15/04/2021. As solicitudes deberán remitirse a través dun formulario ao que poderá acceder a partir do día 6/04/2021, dentro do apartado "Oferta formativa da Rede".
Tedes toda a información necesaria no apartado Oferta formativa da rede da sección Recursos para profesionais desta páxina web.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS