AVISOS
09/03/2023
Cursos de formación da Rede 2023
Convocatoria da oferta formativa para o persoal da Rede de Bibliotecas de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades, a través da Dirección Xeral de Cultura, convoca seis cursos dirixidos ao persoal das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia.

 

 
As bases da convocatoria publícanse hoxe, 09/03/2023,  e están tamén dispoñibles na sección "Recursos profesionais", apartado "Oferta formativa da Rede" desta web, así como neste aviso.
O prazo de inscrición comezará o 13/03/2023, ás 9.00 h., e rematará o 22/03/2023, ás 23.59 h. As solicitudes deberán remitirse a través dun formulario ao que se poderá acceder a partir do 13/03/2023, ás 9.00 h., na sección "Avisos" desta web.

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS