AVISOS
15/10/2020
Desenvolvemento das actividades culturais nas bibliotecas de xestión autonómica
Medidas en vigor

A Orde do 14 outubro de 2020 pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia ten por obxectivo a limitación a un máximo de dez persoas nos grupos que desenvolvan calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social e nos que as medidas de seguridade (distancia, máscara e xel) non estean protocolizadas e non se poida asegurar o seu estrito cumprimento por ter lugar fóra de ambientes profesionais ou laborais que as garantan.

 

Polo tanto, e ao abeiro das normas de carácter xeral vixentes e do protocolo de actuación aprobado para as bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia, estas manterán as súas actividades culturais tal e como viñan facendo ata o de agora, de conformidade coas restricións xerais para os eventos protocolizados, así como as medidas máis restritivas que a autoridade sanitaria estableza para cada ámbito territorial concreto e durante o periodo temporal ao que se estenda.

Estas medidas son:

- Desinfección das mans antes da entrada nos espazos utilizando xel hidroalcohólico.

- Distancia de seguridade interpersoal entre non convivintes a 1,5 m.

- Uso de máscara en todo momento, agás as excepcións establecidas.

- Limitación dos grupos a un máximo de 20 persoas, sempre que se cumpra a distancia preceptiva e os aforos máximos permitidos dos espazos de uso público