AVISOS
18/10/2016
Día da biblioteca 2016
24 de outubro

"Nas bibliotecas podes ser quien ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poner botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros"

Así describe as bibliotecas Ledicia Costas no pregón conmemorativo do Día da Biblioteca 2016.

Como cada ano desde 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en colaboración co Ministerio de Educación Cultura e Deporte conmemoran o Día da Biblioteca, en recordo á destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incenciada en 1992 durante a Guerra dos Balcanes.

Este ano, as elixidas para a redacción do pregón e o diseño do cartel foron a galega Ledicia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015) e a vasca Elena Odriozola (Premio Nacional de Ilustración 2015).

Ademáis do acto central da conmemoración deste día que terá lugar na Biblioteca Regional de Madrid "Joaquín Leguina", son moitas as actividades que se organizan na Rede de Bibliotecas de Galicia. Para estar informados podedes consultar a Axenda Cultural de Galicia.

Feliz Día da Biblioteca!