AVISOS
07/10/2021
Día da Biblioteca 2021
Conmemoración do Día da Biblioteca

Como cada 24 de outubro, convidámosvos a celebrar o Día da Biblioteca.  A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.
 
Este ano, o acto principal de celebración terá lugar o venres 22 de outubro de 2021 en Teruel. O lugar elixido para este evento conmemorativo é a Biblioteca Pública do Estado en Teruel - Javier Sierra. A xornada poderá seguirse en streaming desde a canle de Youtube do Ministerio de Cultura e Deporte (podedes consultar o programa aquí)
 
Estas son as accións e recursos que están á vosa disposición:

 - Deseño dun cartel conmemorativo por parte da ilustradora  Mayte Alvarado, dispoñible nas distintas linguas cooficiais do Estado e personalizado cos logos das diferentes Comunidades Autónomas. Dispoñible para descargar aquí
- Elaboración dun vídeo conmemorativo e varios  clips promocionais relacionados co lema deste ano.
- Campaña # DíadelasBibliotecas # LeerAprenderDescubrir en redes sociais entre o 29 de setembro e o 31 de outubro. Todos os  aplicativos para redes sociais pódense descargar aquí
 - Portal web con toda a información: Presentación do Día das Bibliotecas 2021 - Ministerio de Cultura e Deporte