AVISOS
30/01/2019
Día da Ilustración 2019
Día da Ilustración 2019
Federico Ribas

O Día da Ilustración 2019 homenaxea ao vigués Federico Ribas (1890-1952), grande innovador da publicidade, moi celebre no seu momento coas ilustracións para a empresa perfumeira Gal e para a conserveira Massó.

Este día, que forma parte do Calendario do libro e da lectura de Galicia desde o ano 2014, toma como data de referencia o día do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Para conmemorar esta data, a Biblioteca de Galicia organiza a exposición Federico Ribas: as liñas da beleza, que se inaugurou o pasado día 25 de xaneiro e que estará a disposición todas e todos para a súa visita na entrada do Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia ata o vindeiro día 7 de marzo deste ano.

O cartel da edición deste ano foi elaborado por Santy Gutierrez, ilustrador dedicado profesionalmente á ilustración desde o ano 1993, que realiza viñetas de humor gráfico e caricaturas para cabeceiras de prensa e ilustrando artigos, libros e cómics para editoriais e revistas. É membro fundador do estudio Baobab e foi presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

A bibliotecas públicas galegas conmemoran esta efeméride cunha chea de actividades.