AVISOS
23/01/2020
Día da Ilustración 2020
Cándido Fernández Mazas

O Día da Ilustración 2020 homenaxea ao ourensán Cándido Fernández Mazas (1902-1942). Incluído pola crítica no grupo «Os Novos» (con Maruja Mallo, Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro e Manuel Torres Martínez), ten influencias do fauvismo, do Art Decó e, en especial, do pintor Amedeo Modigliani.

Este día, que forma parte do Calendario do libro e da lectura de Galicia desde o ano 2014, toma como data de referencia a do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Para homenaxear a Cándido Fernández Mazas, a Biblioteca de Galicia organiza a exposición "Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera", que se poderá visitar no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia desde xaneiro ata maio.

O cartel da edición deste ano foi elaborado por Xulia Pisón, ilustradora  e autora de cómics e membro do colectivo de ilustradores Miñoco co que participou en varias exposicións.

As bibliotecas públicas galegas conmemoran esta efeméride cunha chea de actividades.