AVISOS
28/01/2020
Día da Ilustración 2020
IV edición do festival "Allariz Debuxado"

O festival Allariz debuxado chega á súa IV edición cun amplo programa no que destacan as conferencias de ilustradores de primeiro nivel coma David Lafuente, Ester García e Tomás Hijo. O evento celebrarase o vindeiro venres 31 de xaneiro e o sábado 1 de febreiro en Allariz e contará, coma actividade paralela, coa III Feira da Creación na que participarán arredor de 20 expositores.

As xornadas complementaranse cun concerto de “Piratas sen Parche”, coa presentación da novela gráfica “Grandarroiba” de Cristian F. Caruncho e as micropresentacións de artistas emerxentes.

Como acto de clausura do Festival, Manel Cráneo falará da experiencia de Demo Editorial.

O cartel desta IV edición de "Allariz Debuxado" é obra do ilustrador Miguel Robledo.

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS