AVISOS
21/01/2022
Día da Ilustración 2022
Reimundo Patiño

O Día da Ilustración 2022 homenaxea ao coruñés Reimundo Patiño Mancebo (1936-1985). Autodidacta, iniciouse na pintura en 1953. Desenvolveu unha persoal linguaxe expresionista con aspectos futuristas, de debuxo esquemático e colorido de contrastes, que fusiona a vangarda coa tradición galega. Participou na fundación do grupo experimental Brais Pinto e, en 1960, na Gadaña. En 1971 cofundou o Taller Redor, a primeira galería de arte experimental española. Como gravador, foi o máximo expoñente do movemento Estampa Popular Galega. En 1975 publicou, xunto con Xaquín Marín, o primeiro cómic en galego 2 viaxes e, en 1980, incorporouse a Atlántica. A súa influencia abarca o deseño, o cómic, a poesía, a crítica, a teoría da arte e a política.

A ilustradora e autora de cómics Paula Mayor deseñou o cartel conmemorativo deste ano.

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS