AVISOS
12/11/2020
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
hashtag #BibliotecasSTOPViolencia

A Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria (SGCB) do Ministerio de Cultura y Deporte, como Secretaría Permanente do Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB), pon en marcha unha inicitativa para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebrará o próximo 25 de novembro, consistente no lanzamento do hashtag #BibliotecasSTOPViolencia a partir do 16 de novembro.

O obxectivo é  promover a visibilidade das diferentes accións que se desenvolven desde as bibliotecas ao redor desta temática, tanto as que se realicen habitualmente, como as que,  de maneira máis destacada durante estas semanas, se leven a cabo en relación coa contribución á creación de conciencia sobre esta realidade.

Desde o perfil do CCB farase un seguimento do hashtag # BibliotecasSTOPViolencia para apoiar contidos de interese, retuiteando e compartindo publicacións.