AVISOS
02/06/2020
Distinción anual Sello CCB
Convocatoria 2020

O Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB), órgano colexiado de composición interadministrativa que canaliza a cooperación bibliotecaria entre as administracións públicas, convoca a IV edición da súa distinción anual Sello CCB.

Con esta iniciativa, o CCB  busca recoñecer o valor dos proxectos innovadores xa executados e desenvolvidos por bibliotecas españolas que mostren a perspectiva de igualdade de xénero e/ou atención á diversidade e o seu compromiso na contribución dalgún dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, e cuxa finalidade se enmarque nalgún dos seguintes  Obxectivos e Medidas do III Plan Estratéxico do CCB:

  • Crear espazos, servizos e experiencias que promovan a igualdade de xénero, a atención á diversidade e a inclusión social e, en especial, aquelas que se realizan en cooperación con outros sectores.
  • Impulsar a conservación e difusión de coleccións de autores e autoras en linguas oficiais do Estado.
  • Impulsar as bibliotecas como espazos de creación e laboratorios de ideas.
  • Favorecer os servizos bibliotecarios en zonas en perigo de despoboamento e/ou con carencias de servizos públicos. Valoraranse especialmente proxectos e iniciativas de colaboración interxeracional en ámbitos rurais e urbanos.
  • Desenvolver as competencias  informacional e mediática.
  • Protexer e difundir o patrimonio bibliográfico.

 
Este ano, como novidade, na categoría de bibliotecas públicas establecéronse dúas modalidades, unha dirixida a bibliotecas públicas ata 10.000 habitantes e outra para bibliotecas públicas de máis de 10.000 habitantes.

Así mesmo, poderanse presentar proxectos admitidos como máximo en dúas convocatorias anteriores consecutivas, sempre que estes teñan continuidade no tempo e que agreguen algúns elementos ou aspectos novos no seu desenvolvemento.

O prazo para presentación de proxectos finaliza o 30 de setembro de 2020 ás 24 horas.

A información completa pódese consultar en:  https://www.ccbiblio.es/sello-%20ccb/convocatoria-actual/