AVISOS
11/06/2021
Distinción anual Sello CCB
Convocatoria 2021

O Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB), órgano colexiado de composición interadministrativa que canaliza a cooperación bibliotecaria entre as administracións públicas, convoca a V edición da súa distinción anual Sello CCB.

Con esta iniciativa, o CCB  busca recoñecer o valor dos proxectos innovadores xa executados e desenvolvidos por bibliotecas españolas. Con independencia da finalidade á que se dirixa o proxecto, o seu deseño e execución debe realizarse baixo a perspectiva de igualdade de xénero e/ou atención á diversidade e contribuír ao cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU. Valoraranse os proxectos cuxa finalidade se enmarque nalgún dos seguintes obxectivos:

- Crear espazos, servizos e experiencias que promovan a igualdade de xénero, a atención á diversidade e a inclusión social e en especial aquelas que se realizan en cooperación con outros sectores.
- Difundir e promover o coñecemento da autoría de mulleres en todos os campos.
- Impulsar a conservación e difusión de coleccións de autores e autoras en linguas oficiais do Estado.
- Impulsar as bibliotecas como espazos de creación e laboratorios de ideas.
- Favorecer os servizos bibliotecarios en zonas en perigo de despoboamento e/ou con carencias de servizos públicos. Valoraranse en especial proxectos e iniciativas de colaboración interxeracional en ámbitos rurais e urbanos.
- Desenvolver as competencias  informacional e mediática.
- Impulsar accións destinadas a protexer e difundir o patrimonio bibliográfico.

Na categoría de bibliotecas públicas hai dúas modalidades: unha dirixida a bibliotecas públicas ata 10.000 habitantes e outra para bibliotecas públicas de máis de 10.000 habitantes.

Poderanse presentar proxectos admitidos como máximo en dúas convocatorias anteriores, sempre que teñan continuidade no tempo, que agreguen elementos ou aspectos significativos e novos no seu desenvolvemento, e que queden identificados na descrición do proxecto con claridade.

O prazo para presentación de proxectos finaliza o 17 de outubro de 2021, ás 23:59 horas.

A información completa pódese consultar en:  https://www.ccbiblio.es/sello-ccb/convocatoria-actual/