Durante o 2021, o Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB) convocou a quinta edición do Sello CCB. Con esta distinción búscase resaltar o valor dos proxectos de bibliotecas máis destacados do ano, de acordo cos obxectivos e medidas do III Plan Estratéxico do CCB (2019-2023), que ten como fío condutor a igualdade en bibliotecas.
A convocatoria destacou o traballo das diferentes tipoloxías de bibliotecas: escolares, especializadas, nacionais/rexionais, públicas e universitarias. Na categoría de bibliotecas públicas entregáronse dúas distincións, unha para bibliotecas públicas en poboacións de ata 10000 habitantes e outra para as bibliotecas en poboacións de máis de 10000 habitantes.
Podedes ampliar a información na ligazón de embaixo.