AVISOS
06/09/2019
Distinción anual Sello CCB (Convocatoria 2019 Terceira edición)
Recordatorio peche do prazo para a presentación de candidaturas: 30 de setembro

O Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB), órgano colexiado de composición interadministrativa que canaliza a cooperación bibliotecaria entre as administracións públicas, convoca unha nova edición da súa distinción anual Selo CCB, coa que se pretende resaltar os proxectos de bibliotecas máis destacados durante o ano, que teñan relación cos obxectivos e medidas do III Plan Estratéxico do Consello (2019-2023) que ten como fío conductor a Igualdade en Bibliotecas.

Este premio distinguirá aqueles proxectos innovadores de bibliotecas das diferentes tipoloxías dependentes das distintas administracións públicas españolas ou proxectos de bibliotecas nos que colaboren as administracións públicas españolas, xa executados e desenvolvidos en España que poidan servir como modelos de boas prácticas e contribúan a dar visibilidade ás bibliotecas na sociedade e ao desenvolvemento do servizo das bibliotecas españolas.

As distincións que obterán os proxectos gañadores consistirán nun Diploma asinado polo Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB), no que constará o título do proxecto e o nome da biblioteca e/ou institución que o realizou, e nun selo do CCB que acredita o recoñecemento oficial (dixital) e que se poderá colocar nun lugar visible da súa biblioteca, blog, páxina web, sinatura de correo electrónico ou outros recursos dixitais.

Aqueles que o desexen, deberán remitir a súa candidatura mediante o formulario habilitado, antes das 24 horas do día 30 de setembro de 2019.

Podedes acceder a toda a información, bases da convocatoria e formulario na páxina web do Consello de Cooperación Bibliotecaria.

Animádevos a participar!