AVISOS
13/07/2022
Entreliñas
Podcast literario das bibliotecas públicas

A Xunta de Galicia pon en marcha o proxecto Entreliñas, un podcast literario destinado a dar a coñecer a actualidade literaria galega a través das bibliotecas públicas. Trátase dun programa en formato magazine radiofónico presentado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto no que tratan diferentes aspectos sobre o mundo da literatura, a edición e a lectura.