AVISOS
19/02/2020
Equipamento e mellora das instalacións e locais destinados a actividades culturais
Convocatoria 2020

Publicada no DOG a Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT211B).

Son obxecto desta subvención as actuacións relativas ao equipamento e moblaxe de locais; a realización de obras de reforma, ampliación, modernización ou mellora de inmobles, así como a adquisición de materiais técnicos vinculados ao desenvolvemento da programación cultural do local para o que se solicita a axuda, e en concreto: realización de investimentos en equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, equipamento xeral, sistemas de prevención e seguridade, novas tecnoloxías, investimentos destinados á posta en funcionamento de locais para usos culturais, investimentos en bibliotecas ou axencias de lectura pública municipais, investimentos en arquivos municipais, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Podes acceder a esta información e a próximas actualizacións da mesma na sección Axudas e subvencións da nosa páxina.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS