AVISOS
02/06/2020
Equipamento e mellora das instalacións e locais destinados a actividades culturais
Continúa a tramitación da Orde do 31 de decembro de 2019

Prosegue a tramitación da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT211B), coa ampliación de novo prazo de presentación de solicitudes do 1 ao 5 de xuño.