AVISOS
01/08/2022
Equipamento e mellora das instalacións e locais destinados a actividades culturais
Resolución da convocatoria 2022

Publicada no DOG a Resolución do 14 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 10 de febreiro), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e dos locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2022.

As entidades subvencionadas ás que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 30 de outubro do ano 2022, de acordo con o establecido no artigo 22.1 da orde de convocatoria.

Contacto:

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS