AVISOS
30/04/2020
Estatística 2019
Apertura do prazo para cubrir a enquisa de 2019

O vindeiro luns 4 de maio, abrirase o prazo para cubrir a enquisa de bibliotecas públicas correspondente ao ano 2019.

Ante a situación excepcional na que nos atopamos, coas bibliotecas públicas da Rede pechadas e co confinamento da poboación, a moitas e a moitos de vós non vos será posible cumprimentar agora a estatística. Polo contrario, para os que contades cos medios necesarios, pode ser un bo momento ao ter unha menor carga de traballo.

Por esta razón non se estableceu un prazo para a entrega da enquisa, senon que esperaremos a que a situación se normalice para comunicarvos a data final de peche tanto a través dun anuncio nesta páxina web como por medio do correo eletrónico.

Desde o 4 de maio, poderedes acceder ao formulario para cubrir a enquisa premendo na seguinte ligazón http://rbgalicia.xunta.es/enquisa2019/login.php, así como aos documentos de apoio que se publicarán no apartado Estatísticas e Informes

Tede en conta que a data de peche que aparece no formulario é orientativa, á espera de poder estabecer unha definitiva.