AVISOS
03/06/2020
Estatística 2019
Aclaración ás preguntas 29 e 55

A continuación, achegamos a explicación a dúas preguntas da enquisa correspondente a 2019:

Pregunta 29. Títulos da colección electrónica accesibles en rede e/ou en servidores de provedores externos

Contabilizaranse só o número de títulos da colección dispoñibles aos usuarios, contratados pola biblioteca/s que estean instalados nalgún ordenador da biblioteca, accesibles dende a rede local ou en servidores de provedores externos dos que se adquiriran os dereitos de acceso.

Non se contabilizarán neste apartado os datos referentes a GaliciaLe, a plataforma de préstamo das bibliotecas públicas galegas. Estes datos cúbrense a nivel de Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, dende o Servizo do Sistema de Bibliotecas.

 

Pregunta 55. Consultas ao catálogo (Opac)

As bibliotecas públicas que forman parte do Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia non cubrirán este apartado que será cumprimentado ao peche da Estatística 2019 de forma autómatica cos datos cos que conta o Servizo do Sistema de Bibliotecas.

As bibliotecas con outros programas de xestión bibliotecaria (Meiga, Sophia, AbsysNet...) si cubrirán esta información.