AVISOS
03/06/2020
Estatística 2019
Cobertura de datos por parte das bibliotecas integradas no Catálogo colectivo da Rede en 2019

 

Aquelas bibliotecas que se integraron no Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia no 2019, ano obxecto da estatística, deben facer unha estimación dos datos que terían que tirar de Koha en función dos obtidos en Meiga durante o resto do ano.

 

 

 

Por exemplo:

Se unha biblioteca fixo 3.500 préstamos desde 01/01/2019 ata o día 31/07/2019, divídese esta cantidade entre 7 meses:

3.500/7 =500 préstamos por mes.

Así que de agosto a decembro serían: 500 X 5 meses = 2.500.

Total do ano = 3.500 + 2.500 = 6.000 préstamos.

 

Deste xeito poderán cubrirse as estatísticas dentro do prazo establecido (15 de xullo) aínda que a formación de informes estatísticos non se teña celebrado.

Esta formación se realizará ao longo deste ano con posterioridade ao peche da estatística (15 de xullo). A convocatoria da mesma enviarase chegado o momento.