AVISOS
21/04/2021
Estatística 2020
Aberto o prazo para cubrir as enquisas de 2020

Desde hoxe día 21 de abril, e ata o vindeiro 21 de maio, permanecerá aberto o prazo para cubrir a enquisa das bibliotecas públicas para o ano 2020.

No apartado Estatísticas e Informes, xa están dispoñibles os documentos de apoio cos datos referentes ao ano 2020, así como o manual dirixido ás bibliotecas integradas no catálogo da Rede.

Podedes acceder ao formulario para cubrir a enquisa premendo na seguinte ligazón: http://rbgalicia.xunta.es/enquisa2020/login.php