Desde hoxe día 15 de xuño, e ata o vindeiro 31 de xullo, permanecerá aberto o prazo para cubrir a enquisa das bibliotecas públicas para o ano 2021.
No apartado Estatísticas e Informes, xa está dispoñible o manual dirixido ás bibliotecas integradas no catálogo da Rede, así como os documentos de apoio para as bibliotecas Meiga cos datos referentes ao ano 2021.
Podedes acceder ao formulario para cubrir a enquisa premendo na seguinte ligazón: http://rbgalicia.xunta.es/enquisa2021/login.php