AVISOS
24/01/2023
Estatística 2022
Apertura do prazo para cubrir a enquisa de 2022

Desde mañá, 25/01/2023, e ata o vindeiro 10/03/2023, permanecerá aberto o prazo para cubrir a enquisa das bibliotecas públicas correspondente ao ano 2022.

Xa está dispoñible no apartado Estatísticas desta web, o manual dirixido ás bibliotecas integradas no catálogo da Rede, así como os documentos de apoio para as bibliotecas Meiga cos datos referentes ao ano 2022.

Podedes acceder ao formulario para cubrir a enquisa na seguinte ligazón: http://rbgalicia.xunta.es/enquisa2022/login.php

 

 

 

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS