AVISOS
09/04/2021
GaliciaLe
Ampliación das políticas de préstamo
Comunicámosvos os seguintes cambios nas políticas de préstamo de GaliciaLe. Estas modificacións implican unha ampliación no número de préstamos en ambos catálogos (así como no de reservas en eBiblio Galicia):
 
Catálogo en castelán (eBiblio Galicia)
Libros: ata 3 préstamos, 21 días, ata 2 reservas (prazo para facer efectiva unha reserva dispoñible para o préstamo, 48 horas)
Audiolibros: ata 2 préstamos, 21 días, ata 2 reservas (prazo para facer efectiva unha reserva dispoñible para o préstamo, 48 horas)
Revistas: ata 2 préstamos, 72 horas, ata 2 reservas (prazo para facer efectiva unha reserva dispoñible para o préstamo, 24 horas)
 
Catálogo galego
Libros: ata 3 préstamos, 21 días (non se precisa facer reserva, como ata agora, porque todos os usos están dispoñibes simultaneamente)
Películas: ata 2 préstamos, 48 horas (non se precisa facer reserva, como ata agora, porque todos os usos están dispoñibes simultaneamente)
 
Actualmente estamos en proceso de cambio dos textos de axuda que aparecen en ambos catálogos para que reflexen esta nova configuración. No caso de eBiblio Galicia, vaise facer unha remodelación máis ampla.
 
No que respecta ás incidencias de eBiblio Galicia, esperamos poder comunicarvos en breve varias melloras. A vía que empregaremos será a mesma que ata agora (a través desta mesma sección de avisos de rbgalicia.xunta.gal)