AVISOS
14/10/2020
Homenaxe a Miguel Delibes
Homenaxe ao escritor co gallo do centenario do seu nacemento
A Asociación de Escritores Noveles (asociación sen ánimo de lucro con sé en Xixón) está a organizar un homenaxe ao escritor Miguel Delibes, que se celebrará o próximo día 29 de ooutubro, ás 18.30 horas, en colaboración coa Fundación Miguel Delibes, coincidindo co centenario do seu nacemento que se conmemora o próximo 17 do presente mes.
Este acto celebrarase a través da plataforma Zoom e nel intervirán: Covi Sánchez, presidenta da asociación e Elisa Delibes de Castro, presidenta da Fundación Miguel Delibes e filla do autor de novelas como «Las ratas», «El hereje» ou «Cinco horas con Mario», dentro da súa extensa obra literaria.
Para participar será necesario pre inscrición.
O formulario de pre inscrición está accesible na web da que aportamos ligazón embaixo, onde tamén pode consultarse toda a información sobre o evento :

https://www.aenoveles.es/events/homenaje-miguel-delibes/

 
 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS