O 6 de xuño, de 16.00 a 17.00 h., terá lugar, en directo, unha sesión informativa na que profesionais expertas en deseño e execución de proxectos darán asesoramento sobre os seguintes temas:
- Presentación de proxectos
- Criterios de valoración
- Orzamentos
- Formulación de proxectos (conceptos e alcances)
- Categorías para presentar os proxectos
- Creación de proxectos (obxectivos, público obxectivo, accións e actividades, avaliación, entre outros).
Recoméndase revisar, antes da sesión as bases da convocatoria, o formulario da convocatoria das axudas e identificar a documentación que poderíades necesitar, co fin de que vos poidan resolver máis axilmente as consultas que teñades.
A ligazón da sesión, que está dispoñible a través da canle de Youtube do Ministerio de Cultura, é Webinar - Mesa de acompañamento, 10ª Convocatoria de Axudas de Iberbibliotecas 2022 - Youtube
Máis información sobre a 10ª Convocatoria de Axudas 2022 de Iberbibliotecas na ligazón: https://www.iberbibliotecas.org/convocatoria-de-axudas/