AVISOS
10/07/2018
Iberbibliotecas: 3ª convocatoria de pasantías internacionais 2018
Logo de Iberbibliotecas
Prazo de presentación ata o 10 de agosto

O programa Iberbibliotecas presenta unha nova convocatoria das Pasantías Internacionais, que teñen por obxectivo contribuir ao desenvolvemento de recursos humanos suficientes e altamente cualificados para asumir os retos que as bibliotecas públicas teñen na rexión iberoamericana.

Este programa está dirixido a bibliotecarios públicos, comunitarios e populares dos paises e cidades membros do programa, que poderán mellorar as súas competencias profesionais, a comunicación e a colaboración entre profesionais de bibliotecas iberoamericanas.

A pasantía que se realizará este ano terá como tema central as diferentes accións que se desenvolven nas bibliotecas públicas para paliar a brecha dixital, manter a memoria sociocultural e favorecer a alfabetización dos cidadáns en calquera soporte ou formato, e levaranse a cabo en Madrid entre os días 20 e 26 de novembro, moi próximas á celebración do IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas (Logroño, 28-30 de novembro). A Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura e Deporte, ofrecerá aos beneficiarios da pasantía que o desexen a inscrición gratuíta para poder asistir ao congreso.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o día 10 de agosto.

Todos aqueles que desexen participar poden acceder á información detallada da convocatoria na páxina creada polo programa Iberbibliotecas para estas pasantías: 3ª Convocatoria de Pasantías Internacionais 2018.