AVISOS
19/07/2022
Iberbibliotecas
Curso sobre bibliotecas incluyentes

Iberbibliotecas convoca o curso Bibliotecas incluyentes: servizos bibliotecarios para poboacións en situación de vulnerabilidade, que ten por obxectivo xerar e fortalecer as capacidades do persoal bibliotecario para deseñar e prestar servizos con enfoque de xénero e intercultural dirixidos a poboacións en situación de vulnerabilidade.

Público

Persoal bibliotecario de bibliotecas públicas, populares e comunitarias das cidades e os países membro de Iberbibliotecas: Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, España, México, Panamá, Paraguai, Perú, e as cidades de Medellín e Quito.

 

Metodoloxía

O curso está dividido en seis módulos. Cada un deles contén tres unidades temáticas nas que se propón unha guía para o achegamento a conceptos e ferramentas sobre un tema determinado:

Módulo 1. Posibilidades da biblioteca pública para deseñar servizos orientados ás poboacións en situación de vulnerabilidade.

Módulo 2. Claves para o deseño de proxectos bibliotecarios para poboacións en situación de vulnerabilidade.

Módulo 3. As bibliotecas públicas como espazos de inclusión para poboacións migrantes.

Módulo 4. Diferentes e diversos: servizos bibliotecarios públicos con enfoque intercultural.

Módulo 5. O enfoque de xénero nos servizos bibliotecarios públicos.

Módulo 6. A biblioteca multicolor: as identidades e diversidades sexuais nos servizos bibliotecarios.

 

Inscricións

Do 15/07/2022 ao 24/07/2022, cubrindo o seguinte formulario: https://www.iberbibliotecas.org/inscripcioncursovirtualbibliotecasincluyentes/

 

Publicación de seleccionados

17/08/2022

 

Inicio do curso

22/08/2022

 

Resolución de dúbidas e envío de consultas

iberbibliotecas.esp@cultura.gob.es

 

Máis información na ligazón situada ao final desta páxina.