AVISOS
12/05/2023
Iberbibliotecas
Curso virtual "Gestión de redes y sistemas bibliotecarios"

Iberbibliotecas oferta un novo curso dirixido ao persoal responsable de liderar e coordinar redes ou sistemas de bibliotecas públicas ou comunitarias, con énfases en ámbitos locais e rexionais pertencentes aos membros de Iberbibliotecas: Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, España, México, Panamá, Paraguai, Perú, e as cidades de Medellín e Quito.

Baixo o título "Gestión de redes y sistemas bibliotecarios", o curso ten os seguintes obxectivos:

- Analizar obxectivamente unha rede ou sistema de bibliotecas. Detectar fortalezas e debilidades e coñecer ferramentas, modelos e/ou exemplos de accións correctivas para mellorar a organización.

- Avaliar a estrutura do equipo directivo ou de xestión da rede, como paso previo á introdución de cambios estruturais ou propostas de mellora do mesmo.

- Aplicar ferramentas que permitan a supervisión, control, seguimento e avaliación dos obxectivos marcados pola organización.

- Fortalecer a cultura corporativa nunha rede ou un sistema de bibliotecas. Incrementar o sentimento de pertenza á rede ou ao sistema mediante un modelo que se centre no persoal bibliotecario que xestiona os servizos ofrecidos á cidadanía.

Este curso virtual terá unha duración de 20 horas, distribuídas en 10 horas de asistencia a cinco sesións en vivo e 10 horas de traballos extracurriculares. As sesións serán en directo todos os mércores, do 21 de xuño ao 19 de xullo, de 17.00 h. a 19.00 h.

O formulario deberá remitirse antes do 19 de maio. Deberá enviarse, ademais: currículum, copia de documento de identidade e carta de aval da rede ou sistema ou por parte do superior onde se especifique o traballo de xestión ou coordinación desenvolto polo solicitante.

Toda a información sobre datas, requisitos etc., en: https://www.iberbibliotecas.org/cursos/curso-virtual-sistemasbibliotecas/